Viveiro

O 26 de outubro de 2006 inaugurouse no Teatro Pastor Díaz a exposición pública da toponimia de Viveiro. Os case 2.000 nomes recollidos neste municipio foron situados sobre fotografías aéreas, agrupadas segundo as parroquias ás que pertencen.

Para esta exposición realizáronse varios pósters, nos que se explican a orixe do nome dalgunhas entidades de poboación deste concello, ou se relatan as lendas históricas ou fantásticas máis interesantes vinculadas á toponimia vivariense. Tamén se elaborou unha selección de topónimos relacionados cos elementos de interese cultural máis representativos de Viveiro.

Na presentación interviron o alcalde, Melchor Roel Rivas, representantes das consellerías de Presidencia e de Medio Rural, e técnicos do Proxecto. Amais participaron as traballadoras que realizaron a recolleita en campo. Nos seus discursos destacaron a axuda prestada por todos os informantes, algúns dos cales estaban presentes no acto, que contou ademais con numeroso público, entre os que se encontraban estudantes do instituto local.

Galería de imaxes
Tipos