Sabías que
Unha cantiga recollida por Pérez Ballesteros a finais do século XIX menciona nomes históricos das rúas de Lugo "Catro calles tenche Lugo / que as fixo o criador / barrio Falcón, Tenería, / Ruanova, call-d'o sol".
Sabías que Xallas non se orixinou como nome dun río senón que este toma o nome dunha pequena aldea?
Sabías que Salvaterra de Miño é un topónimo propagandístico imposto polo rei Afonso VIII para atraer poboación ao lugar?
Sabías que Corrubedo é un dos puntos máis salientables da nosa costa e que aparece en moitos mapas antigos?
Sabías que malia ser unha das vilas máis importantes do Camiño de Santiago, Arzúa non aparece mencionada no Códice Calixtino?
Sabías que Bizcaia é ademais dun territorio histórico de Euscadi unha localidade do concello de Sober?
Sabías que as últimas hipóteses sobre o nome do concello de Zas vinculan a súa orixe cun fitotopónimo?
Sabías que a romaría da virxe do Xurés ten a súa propia cantiga que di "Eu heime de ir ao Xurés / con estas miñas amigas,/ hemos de botar un neto / e hemos de comprar sardiñas"?