Sabías que

Sabías que o nome da parroquia de Cereixo, no concello de Vimianzo, non ten nada que ver coa árbore homónima?

Sabías que o río Verdugo pode ter este nome pola cor verde das súas augas ou pola abundancia de vexetación na súa ribeira?

Sabías que os mariñeiros da ría de Ares din que “Cando A Laxe da Boca da Ría vexas espumar, non saias a faenar” ou “Cando A Laxe da Boca da Ría vexas romper, traballos na casa toca facer”?

Sabías que, como di a cantiga, A aldea da Agrela é moi divertida, ten a estrada na entrada, e A Estación na saída.

Sabías que "O lugar de Cerdedelo ten cadro "saideiros": Trasceleiro, O Eiró, Carricovo e o Outeiro"?


Sabías que Vilalba, Cospeito, Burela, Pastoriza e Riotorto son, ademais de cinco concellos lucenses, outros tantos lugares da Fonsagrada?